Un universo de estrelas na celebración do décimo aniversario do Grupo Nove

Un universo de estrelas na celebración do décimo aniversario do Grupo Nove

Como xa anunciou BenBo, o Grupo Nove celebrará o seu décimo aniversario o próximo 21 de outubro cun showcooking multitudinario na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) no que non só participarán os cociñeiros que integran o grupo senón que contarán con invitados especiais como son Alberto Chicote, Darío Barrio (Restaurante Dassa Bassa. Madrid), Carlos Posadas (Hotel AC Santo Mauro. Madrid), Macarena de Castro (Restaurante Jardín. Mallorca), Paco Roncero (Casino de Madrid), Nacho Manzano (Casa Marcial. Asturias), Pedro Morán (Casa Gerardo. Asturias) e Diego Guerrero.

Os cociñeiros elaborarán en directo, ante 800 invitados, os seus pratos máis emblemáticos, nun acto que será presentado por Manuel Gago e Soledad Felloza.

Na platea disporanse barras de grandes dimensións onde os 22 cociñeiros emplatarán e darán os últimos toques ás súas propostas, desde as súas cociñas instaladas para a ocasión neste amplo espazo. Os invitados poderán achegarse aos cociñeiros e coñecer o tipo de técnica e produto que están a degustar.

Comparte...