Pura vaca

As vacas galegas toman Madrid con Pura Vaca

O novo proxecto de Flavio Morganti ofrece unha carta baseada exclusivamente na vaca, dende os entrantes ás sobremesas.

Unha carta na que todos os pratos, dende os entrantes ata as sobremesas, teñen que ver coas vacas? Xa é posible facer un menú completamente vacún, e unicamente con vacas galegas, inda que para iso será necesario desplazarse a Madrid.

Pura Vaca é o novo restaurante vacún aberto polo cociñeiro italo-galego Flavio Morganti, o carniceiro vasco Luis Miguel Garayar e o publicista José Domingo, no madrileño barrio de Chueca, na confluencia das rúas Pelayo e Gravina. Flavio e Luis Miguel Garayar (Luismi) son os máis grandes defensores da vaca galega e dos seus produtos.

A carta ofrece entrantes como croquetas de leite enteira de muxido con lacón, queixos, carpaccio, cecina, salchichón e chourizo de vaca, e ensaladas nas que non falta o toque láctico. “Do pote” sae a “vaca líquida” (consomé de vacún) e o caldo galego. Para prato principal lombo alto e baixo de vaca, solombo, costelas, tartar ao fume de romeu, croca en espeto de abeleira, e hamburguesas… con salteado de pementos de Padrón e queixo do país, ou con cebola agridoce e queixo San Simón da Costa, hamburguesa con foie.

Mo apartado de sobremesas “vaquimisú”, nata cocida, arroz con leite, filloas con mel de Galicia, mousse de chocolate con frantoio e sal, xeado de iogur con castañas

Todas as carnes que servirá Pura Vaca son de vaca galega, seleccionadas por Luis Miguel Garayar, un dos mellores carniceiros de España en materia de carnes vermellas, e certificadas polo Centro Tecnolóxico da Carne de Ourense.

Como se pode comprobar nas fotografías, a imaxe da vaca preside o restaurante, empregando a ilustración de portada do libro “Vacas. Su dignificación sexual y gastronómica”. O restaurante conta cunha zona de mesas altas para tapeo.

Comparte...