Viño, lousa e comercio, unidos en Navidad para promocionar Valdeorras

Viño, lousa e comercio, unidos en Navidad para promocionar Valdeorras

O Consello Regulador da D.O. Valdeorras únese á Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) para celebrar o Nadal na localidade ourensá.

Durante estas festas nos comercios da comarca sortearanse 30 estoxos de viño de Valdeorras e nos seus escaparates haberá decoración na que estarán presentes as botellas coa etiqueta xenérica do Consello Regulador.

A esta campaña de Nadal tamén se une a Asociación Galega de Pizarristas (AGP) e o Centro Comercial Aberto do Barco, O Barco Aberto. O súa lema é Por aquilo que nos une: Valdeorras únenos e xuntos somos máis. Brindamos por iso? e queren destacar a unión do sector produtivo da comarca: comercio, viño e lousa.

Segundo o presidente do Consello Regulador, José Vicente Solarat, este acordo ten como obxectivo “poñer en valor uno dos alicerces económicos da comarca como é o viño” e “divulgar o peso da viticultura”.

Comparte...