DESEÑOS DE VALMIÑOR PREMIADOS EN ANUARIA 2012

DESEÑOS DE VALMIÑOR PREMIADOS EN ANUARIA 2012

Tres deseños de produtos da adega Valmiñor, correspondentes a Albariño Valmiñor, Licores Valmiñor e Davila M100/L100 foron seleccionados nos premios internacionais Anuaria 2012 como tres dos mellores deseños de envases 2011-2012.

Os deseños, realizados pola axencia de publicidade viguesa Anónimo Advertising, quedaron entre os 15 mellores traballos, competindo directamente con máis de 314 propostas presentadas de toda a península ibérica.

Comparte...