Valtea Brut Nature, primeiro espumoso Galicia Calidade

Valtea Brut Nature, primeiro espumoso Galicia Calidade

Adegas Valtea acaba de lanzar o primeiro espumoso certificado co selo Galicia Calidade. Valtea Brut Nature, D.O. Rías Baixas, sae ao mercado tras unha crianza de 9 meses. Todo o proceso de elaboración se realizou dentro das instalacións da adega, situada en Crecente, Pontevedra. A marca anunciou que ten previsto colocar no mercado 15.000 botellas este ano e 25.000 o próximo ano.

Esta incorporación ao selo Galicia Calidade completa a oferta de produtos galegos que recolle a certificación. O anuncio coincide co RoadShow que se está a celebrar en diferentes cidades, nos que grandes profesionais do sector achegan gastronomía e viños a través de catas e degustacións aos asistentes.

Comparte...