Vanesa González, pulpeira ganadora del segundo concurso de pulpeiras de San Froilán

Vanesa González, ganadora do segundo concurso de pulpeiras de San Froilán

Vanesa González, do Carballiño, proclamouse campioa do segundo concurso de pulpeiras e pulpeiros de San Froilñan, celebrado onte en Lugo

No marco da programación das Festas de San Froilán, ademais da seminifinal do Xantar de Tapas, tamén se celebrou a segunda edición do Concurso de polbeiras e polbeiros de San Froilán, celebrado no Mercado Municipal de Abastos, coa participación de cinco polbeiros e polbeiras: Lorenzo Manuel Velázquez de Alcatraz Produto (Castroverde), Miguel Ojea de Pulpería Tres Puertas (Vigo), David Juárez, de Estrellita (Bueu), María del Carmen Eyo, de Banketing (A Estrada) e Vanesa González, de Oito a taberna do polbo ( O Carballiño). Vanesa González, do Carballiño, proclamouse campioa do concurso sendo a segunda clasificada Carmen Eyo, da Estrada.

A gañadora empregou para o seu prato polbo galego procedente da Costa da Morte. O xurado estivo composto polos cociñeiros Héctor López, Álvaro Villasante e Juan Crujeiras, o especialista en polbo Juan Antonio Pazo Varanda e o xornalista Miguel Vila. Ao termo do concurso, ao redor de 300 persoa puideron degustar o polbo preparado polo cinco participantes no concurso, xunto con pan e veu achegados pola Asociación Provincial de Panadeiros e o viño Vale de Quiroga.

Comparte...