Vanessa Ferreiro, mellor Pulpeira do ano no Fórum Gastronómico Coruña

Vanessa Ferreiro, mellor Pulpeira do ano no Fórum Gastronómico Coruña

Vanessa Ferreiro, do restaurante Casa Pedreiro do Aeródromo de Rozas (Lugo), foi a gañadora da edición 2017 do Concurso de Pulpeiros que se celebrou no Fórum Gastronómico de A Coruña. El xurado estivo formado por Carlos Maribona (crítico gastronómico do xornal ABC), Carlos Cano (crítico da Cadena SER), Alberto Lareo (chef do restaurante Manso), Alexandra Prado Coelho (crítica do xornal O Público de Portugal), Eufrasio Sánchez (crítico do xornal Comercio de Asturias). Finalmente, foron sete os pulpeiros que participaron neste concurso, sendo Vanessa a única muller que optaba ao gran premio, dotado con 1.000€.

Este concurso trata de premiar a habilidade dos profesionais na elaboración e servizo do ‘Polbo á Feira’. Está dotado con tres premios e aberto a todos aqueles profesionais galegos que desexen mostrar a súa destreza na arte de cociñar un bo polbo. Vanessa Ferreiro, que non era a primeira vez que concurría ao concurso, non puido evitar mostrar a súa gran alegría polo galardón. Os outros dous premiados gañaron 400€ e 200€, respectivamente. O segundo premio levouno Francisco Gil, de O Carballiño (Ourense) e o terceiro, Roberto Fernández, da Pulpería Deulpo, de Santiago.

Comparte...