Varexo e coñecemento do aceite da man de Aceites Abril

Varexo e coñecemento do aceite da man de Aceites Abril

Aceites Abril organizou unha xornada de achegamento a distintas fases no proceso de elaboración do aceite para agricultores da bisbarra do Deza e Tabeirós.

Nun terreo de Tomiño tivo lugar o “varexo”, para logo visitar a almazara da factoría de Ourense onde tamén se realizou unha cata coas distintas variedades: arbequina, hojiblanca e picual, así como arbequina galega coa que elabora o seu aceite de oliva 100% galego ou o seu condimento Aouris.

A parcela de Tomiño conta con algunhas das máis de 200.000 oliveiras plantadas en toda Galicia nos últimos anos en zonas comoValdeorras, A Limia, o Ribeiro ou o Baixo Miño, no marco da colaboración de Aceites Abril con decenas de agricultores. Son maioritariamente da variedade arbequina, procedente de Lleida e que se adapta moi doadamente á climatoloxía galega. Toda a produción destínase ao aceite Aouris, de Aceites Abril.

A xornada supón a clausura do proxecto formativo CERNES, para a recuperación das oliveiras galegas, con apoio de fondos europeos.

Comparte...