Comeza a vendima na Denominación de Orixe Ribeiro

Comeza a vendima na Denominación de Orixe Ribeiro

Prevese unha reducción na cantidade de uva colleitada na Denominación de Orixe Ribeiro

A Denominación de Orixe Ribeiro tamén comezou a súa vendima 2016, concretamente a través de entregas nalgúns puntos dos vales do Río Miño e do Arnoia. Dende o Consello Regulador apúntase que será o día 19 cando a vendima se estenda en todo o seu territorio.

Estímase que a colleita será duns 13.000.000 quilogramos de uva, que ofrecerán uns 9,1 millóns de litros de viño da denominación de orixe máis antiga de Galicia.

Nuria Álvarez, técnica do Consello Regulador, comunica que na recolección haberá unha reducción do 10% con respecto á do ano previo, se ben nalgunhas zonas as perdas de uva foron superiores debido aos condicionantes que tamén afectaron a outras denominacións galegas de viño como esas abundantes choivas da primavera, que trouxeron o mildiu..

A xerente do Consello Regulador, Cristina Álvarez, apunta que este ano hai máis inspectores nos centros de recollida para garantir o control da recepción.

Comparte...