Vendima e novidades na Denominación de Orixe Rías Baixas

Vendima e novidades na Denominación de Orixe Rías Baixas

Boas perspectivas para a vendima na Denominación Rías Baixas

A Denominación de Orixe Rías Baixas, e o resto de denominacións galegas, viven unhas semanas moi atarefadas, semanas de vendima.

Segundo as estimacións que manexa o Consello Regulador de Rías Baixas, para este ano prevese un incremento nas cifras de entre un 35 e 40% sobre as do 2014.

Polo  momento xa se chegaron aos 11 millóns de quilos de uva recolleitos; as variedades brancas treixadura e loureira, así como as uvas para elaborar o viño base dos espumosos de Rías Baixas, foron as máis madrugadoras.

Paralelamente, as adegas e o Consello Regulador continúan organizando actividades. Recentemente recibiron a visita de cinco prescriptores xaponeses, en concreto os profesionais de vendas de grandes almacéns, Manabu Saito, Harue Shirahama, Yui Higashikoba e Chisako Morimoto, que se achegaron ata as subzonas de Val do Salnés, O Rosal e Condado do Tea. Ademais, coñeceron e preto a vendima e viviron en primeira persoa o proceso de elaboración do viño.

Datos de vendimia en la Denominación de Origen Rías Baixas

Ano Número de viticultores Número de hectáreas Nº adegas viñificando
2015 5.806 4.079 170

 Histórico

Ano Número de viticultores Número de hectáreas Produción total (kg) Rendimento medio (kg/ha)
2001 5.059 2.391 16.814.166 7.031
2002 5.439 2.523 13.253.242 5.252
2003 5.690 2.643 16.420.298 6.212
2004 5.975 2.825 22.768.665 8.054
2005 6.193 3.022 21.903.040 7.242
2006 6.307 3.200 30.610.100 9.565
2007 6.511 3.496 18.736.895 5.355
2008 6.577 3.646 19.897.377 5.457
2009 6.556 3.698 23.624.086 6.388
2010 6.586 3.814 31.686.516 8.307
2011 6.618 3.966 41.787.783 10.536
2012 6.714 4.048 17.567.877 4.340
2013 6.677 4.064 33.743.486 8.303
2014 6.031 4.027 24.180.221 6.004
Comparte...