A vendima no Ribeiro adiántase polos efectos da saraiba

A vendima no Ribeiro adiántase polos efectos da saraiba

A Denominación de Orixe Ribeiro toma medidas para minimizar riscos na súa vendima

A vendima na Denominación de Orixe Ribeiro viuse moi afectada pola saraiba caída o domingo 27 de agosto.

Así, xa hai máis de 30 adegas colleitando uva, e outras irán sumándose nos próximos días, atendendo ás recomendacións técnicas do seu Consello Regulador de vendimiar canto antes.

Con este adianto quérense minimizar as consecuencias derivadas dos danos producidos nalgúns dos viñedos, como posibles podremias nos acios e outras enfermidades como a botrytis.

Informan desde o CRDO Ribeiro que a saraiba afectou á Denominación de Orixe de modo heteroxéneo.

Produciuse un maior impacto nalgunhas zonas dos concellos de Beade, Castrelo de Miño e Cenlle, e sobre todo naqueles viñedos que presentaban unha maior exposición das súas vides, xa que estaban esfolladas e deixaban os seus acios ao descuberto.

Reunión do CRDO Ribeiro cos inspectores da vendima

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro reuniu ás persoas contratadas como inspectores para exercer os labores técnicos de control de entrega de uvas nas adegas para esta vendima 2017.

Este número de inspectores verase incrementado ata 20, cando aumenten as necesidades.

O presidente do organismo, Juan Manuel Casares, agradeceu aos técnicos a súa participación nesta campaña; e a directora técnica, Nuria Álvarez, explicou as normas de vendima onde se especifican as funcións de control e vixilancia en adegas e viñedos.

Comparte...