Sae á venta o primeiro vinagre artesanal de Ribeiro

Sae á venta o primeiro vinagre artesanal de Ribeiro

“Albarro XP I”, é o primeiro dos tres tipos de vinagres aromatizados que a empresa Vinagres do Ribeiro S.L. sacará ó mercado en 2018. Trátase dun vinagre de viño brancoaromatizado con loureiro, de cor ámbar con reflexos dourados. Prodúcense mediante métodos artesanáis de cultivo superficial, nun proceso lento, que os dota dunhas características organolépticas especiáis.

Vinagres do Ribeiro S.L. foi creada en marzo de 2017 para producir e comercializar unha liña de vinagres, froito dun traballo de experimentación de seis anos. Nace como unha iniciativa para o aproveitamento vitícola tradicional na comarca de O Ribeiro, dinamizando plantacións existentes en semiabandono, readaptándoas a un cultivo responsable coa naturaleza, coa paisaxe e coa arqueoloxía rural. Os seus vinagres están elaborados a partir de viños adquiridos en adegas amparadas na D. O. Ribeiro, e aromatizados con diversas plantas según cada tipo. Non están sometidos a ningún proceso de estabilizado ou sulfitado, polo que calquer reacción en garrafa co paso do tempo é a mellor garantía de que é un vinagre natural.

Avalado polos profesionais

Nestes anos, buscouse a valoración de diversos especialistas do mundo do viño e a gastronomía. Entre eles atópase a asociación Vinavin de Córdoba, acreditada como comité internacional de cata de vinagres, ou a Escola Internacional de cociña “Fernando Pérez” de Valladolid. Ademáis, en 2016 o proxecto de elaboración dos vinagres foi seleccionado pola Fundación Juana de Vega no IV Programa de Desenvolvemento Agroalimentario. Recentemente, o equipo de Vinagres do Ribeiro S. L. , foi escollido para formar parte do coworking “A/Em prender en Verde” da Fundación Paideia de Padrón.

Vinagres do Ribeiro S.L. está a experimentar con vinagres elaborados a partir de uvas de cultivo directo así como un vinagre balsámico que se comercializaría non antes de tres anos. Tamén están promovendo un estudo sobre a sobor e diversidade de bacterias autóctonas asociadas á acetificación espontánea a partir de uvas de cultivo directo.

Comparte...