A vespa velutina en Galicia, protagonista na 31ª Mostra Galega de Apicultura

A vespa velutina en Galicia, protagonista na 31ª Mostra Galega de Apicultura

A situación actual da Vespa velutina en Galicia será o tema principal na Mostra Galega de Apicultura, que este ano se celebra en Arzúa

Sandra Rojas, da Universidade de Vigo e coordinadora do programa de investigación de AGA Stop Velutina, informará sobre os primeiros resultados do programa que se está desenvolvendo dende o mes de marzo. Tamén estará presente Lolo Andrade, experto entomólogo e investigador da avespa asiática, que explicará o protocolo de actuación que está implementando en varios concellos de Galicia.

Entre outras actividades, dende Eslovenia, referente do apiturismo mundial, os asistentes achegaranse ás posibilidades que ofrece o apiturismo en Galicia, como un dos novos produtos apícolas. E finalmente presentaranse A Pinga, un concurso de produtos orixinais e innovadores elaborados a partir da amplia gama de produtos que ofrecen as abellas. Durante todo o día haberá feira de material na que estarán presentes varias empresas apícolas galegas.

O programa completo pódese consultar aquí.

Comparte...