Viaxe aos sabores da diáspora galega nas xornadas gastronómica do hotel Oca Puerta del Camino

Viaxe aos sabores da diáspora galega nas xornadas gastronómica do hotel Oca Puerta del Camino

O hotel OCA Puerta del Camino rende homenaxe á emigración galega coas xornadas gastronómicas “Pratos na Diáspora, un evento que terá lugar no seu gastrobar ‘Golden  Goose’ do mércores 12 ao domingo 15 de setembro e que se enmarca dentro do calendario de actividades do seu 20 aniversario. Así, a cadea galega permitirá aos comensais realizar unha viaxe culinaria a través dos pratos máis representativos da nosa diáspora, aqueles lugares aos que emigraron miles de galegos e nos que aínda hai un importante asentamento da nosa comunidade.

Os asistentes ás xornadas poderán degustar máis dunha quincena de pratos inspirados na gastronomía de países como México, Estados Unidos, Arxentina, Inglaterra ou Suíza. As arepas, os tequeños, as empanadillas, os fish and chips ou os chocolates suízos non faltarán á mesa e serán algunhas das elaboracións que os clientes poderán probar de entre unha carta creada exclusivamente para o evento, e que se completará cun menú diario de sabor internacional os mediodías do mércores, xoves, venres e domingo. Os comensais poderán elixir entre pedir só un prato, a un prezo de 12€, ou dous, a un prezo de 16€. Pero o punto forte da actividade chegará o mediodía do sábado 14, momento no que os asistentes poderán gozar dun menú degustación especial que terá un prezo de 16€ por persoa.

Aínda que non é estritamente necesario, desde a dirección do hotel recomendan a todas aquelas persoas que queiran asistir a estas xornadas que fagan unha reserva previa para garantirse “gozar da comida sen esperas”, xa que se espera unha boa acollida por parte do público. Para facelo, só é necesario chamar ao teléfono 981 569 400.

As xornadas gastronómicas “Pratos na Diáspora” enmárcanse dentro do programa posto en marcha polo hotel OCA Puerta del Camino para celebrar o seu 20 aniversario; un amplo calendario de actividades co que o emblemático establecemento pretende abrir as súas portas á cidade de Santiago e a toda Galicia tendendo pontes coa cultura, a gastronomía, o ámbito empresarial, a comunidade educativa e o deporte, e que continuarán ata decembro deste ano.

Comparte...