Vitoria axustada do equipo de Vigo no Campionato Down Galicia

Vitoria axustada do equipo de Vigo no Campionato Down Galicia

Finalmente foi o equipo de Vigo dos De praia os que se alzaron coa vitoria na cuarta edición do Campionato Barista Down de Galicia, que se celebrou na terraza do restaurante Porta Faxeira, de Pousadas de Compostela, que colaborou coa iniciativa.

A final estivo moi igualada e reuniu a un gran número de persoas para contemplar o traballo dos dous equipos, compostos por seis novos cada un. Finalmente foi o de Vigo, con 536 puntos fronte a 535,5, do de “Os baristas incribles”, de Compostela, o que se alzou coa vitoria tras a valoración por parte do xurado da preparación de dous cafés expresos, dous capuccinos decorados coa técnica do latte art e dous cócteles de café.

Previamente os doce mozos recibiran quince días dunha intensiva formación na Escola Cafento, da man de Víctor Couto, dúas veces Campión Barista de Galicia, e Diego López, preparador do actual Campión Barista de España.

Comparte...