Vide Vide organiza una sesión sobre vinos con Antonio Portela

Vide Vide organiza una sesión sobre vinos con Antonio Portela

Vide Vide, espazo enocultural que combina a venda de viños e produtos de calidade galegos coa organización de eventos en Santiago de Compostela, artella un cursiño de iniciación á cultura e cata dos viños galegos para o venres 20 de setembro.

Antonio Portela será o encargado de dirixir esta cita que, nunha sesión de 20:30 a 23:00 horas, achegarase a aspectos como zonas de produción, variedades de uva, tipos de viño, servizo, cultura… O seu prezo é de 20 euros e inclué a degustación de 5 viños e máis un aperitivo.

Antonio Portela é sumiller, blogueiro, vicepresidente de AGASU (Asociación Galega de Sumilleres) e colaborador de BenBo. En Vide Vide (Rúa de Santo Antonio, 10) tamén é posible adquirir a revista BenBo.

Para máis información sobre a sesión e inscricións, pódese visitar o facebook de Vide Vide

Comparte...