A Misión Biolóxica identifica a orixe de varias vides cultivadas en Galicia

A Misión Biolóxica identifica a orixe de varias vides cultivadas en Galicia

A Misión Biolóxica de Galicia (MBG) identificou a orixe de cinco variedades de vide (Albariño, Loureira, Albarello, Dona Blanca e Palomino Fino) grazas ao estudo comparativo entre as súas follas e acios reais

Estes viños aparecen representados nas columnas salomónicas dos retablos barrocos do século XVII situados en distintas igrexas de Galicia e Asturias.

As vides mencionadas anteriormente xunto a moitas outras son estudadas na exposición “A vide, o viño e o CSIC”. Na investigación da MBG estudouse o herbario de Simón de Rojas e o Barroco, e o emprazamento escollido para a realizar a mostra foi o Real Xardín Botánico de Madrid.

Esta exposición busca poñer en valor as investigacións sobre a descrición e identificación das variedades de vide existentes e a súa orixe para o desenvolvemento do sector vitivinícola actual.

“Aínda que resulta complicado dar unha cifra do número de variedades de vide existentes, podemos falar dunhas 10.000 e o CSIC é precursor no seu estudo, localización, descrición e conservación”, explica a Dra. Carmen Martínez, comisaria da mostra. España é o país con máis Denominacións de Orixe e zonas vitícolas diferentes, é dicir, o país con maior diversidade de variedades de vide do mundo.

Comparte...