Vigo acollerá a segunda edición de Mercado de Sabores

Vigo acollerá a segunda edición de Mercado de Sabores

A cidade de Vigo convertirase de novo, o vindeiro mes de maio, no epicentro da gastronomía galega coa celebración de Mercado de Sabores. Un evento organizado por Mahou que reunirá na cidade a 14 establecementos gastronómicos e que contará coa participación dalgúns dos mellores chefs do panorama nacional e galego, como Rafa Centeno e Inés Abril do restaurante Maruja Limón, o único de Vigo con estrela Michelin.

Estación Marítima de Vigo albergará do 4 ao 7 de maio un espazo único no que se desenvolverá unha cita gastronómica pensada para os amantes das tapas onde os visitantes poderán gozar das creacións dalgúns dos mellores restaurantes galegos.

Recoñecementos Bib Gourmand Galicia 2017

Mercado de Sabores de Mahou foi o evento escollido por Michelin este ano para homenaxear os restaurantes galegos premiados coa distinción Bib Gourmand 2017. Creado hai 20 anos, o Bib Gourmand recoñece o traballo dos establecementos, seleccionados polos inspectores da guía Michelin, que ofrecen a mellor relación calidade/prezo, cunha comida completa a menos de 35 €. Este recoñecemento está considerado “a canteira” da guía.

Tapas de autor

Mercado de Sabores propón os visitantes adentrarse no amplo universo da tapa, da man dalgúns dos mellores chefs da cidade. Ao longo de catro días, Mahou proporá en Mercado de Sabores distintas actividades gastronómicas, como masterclass e showcookings dos principais chefs do panorama nacional e galego, exhibicións de tiraxe de cervexa así como, presentacións das tapas dos establecementos participantes.

O domingo 7, último día do mercado, terá lugar a entrega de premios do Concurso de Tapas e do Mellor Tirador de Cervexa de Mercado de Sabores.

O mercado poderá visitarse en horario de 12:00 a 16:30 horas e de 20:00 a 24:00 horas de xoves a sábado e o domingo de 12:00 a 16:30 horas e de 18:00 a 22:00 horas. A entrada é gratuíta e os asistentes poderán degustar todo tipo de tapas maridadas co sabor de Mahou. Esta iniciativa, promovida por Mahou englóbase dentro do compromiso da marca para impulsar o ocio e a gastronomía galega ofrecendo os consumidores experiencias únicas e de calidade e que aporten valor á hostalería galega.

Comparte...