Satisfacción na organización de Vigourmet polos seus resultados

Satisfacción na organización de Vigourmet polos seus resultados

A organización de Vigourmet móstrase moi satisfeita cos resultados da súa primeira edición e apunta as cifras de 5745 visitantes e 950 participantes nas súas diversas xornadas técnicas. A cita foi de venres a domingo no Pazo de Congresos Auditorio do Mar de Vigo.

Entre os anuncios que se realizaron no Vigourmet destacaron a mudanza do Maruja Limón de Rafa Centeno ao edificio Siete Torres, en Teis; ou a nova proposta de Abastos 2.0., “Momentos”, que abrirá como complemento de tempada en Carril.

As sesións técnicas reuniron a destacados profesionais do sector da gastronomía galega, os viños e a hostalaría en xeral como Pepe Solla, Toñi Vicente, Kike Piñeiro, Mark Auchincloss, Rafa Centeno,Jose Antonio Cruz, Cristina Mantilla, Xavier Olleros, Arantxa Costas,Proxecto Garum ou Manuel Angel Garea.

Cómpre destacar algunhas actividades do seu programa, como a cata de cervexas artesanal, os obradoiros para nenos ou o seu concurso de tapas, que contou con 20 propostas realizadas por diferentes restauradores. A tapa gañadora foi o “Canelón” de Siete Torres by Maruja Limón e en segundo lugar quedou a ideada por Alejandro Torres, “Pata de boi con salsa de estruga”.

Comparte...