Viña Moraima, presente en España Select en Bruselas

Viña Moraima, presente en España Select en Bruselas

A adega Viña Moraima (Rías Baixas) está presente no Centro Internacional de Gastronomía, Arte e Cultura “España Select“, que abriu oficialmente as súas portas en Bruxelas o 28 de marzo co obxectivo de promocionar os produtos españois na capital comunitaria e a súa contorna.

O centro prevé realizar un longo catálogo de actividades gastronómicas para dar a coñecer os nosos produtos, á vez que informará sobre España e servirá para a celebración de actividades culturais.

Por outra banda, Viña Moraima informa de que o restaurante “Leonor”, emprazado na capital belga, incluíu o seu viño Moraima na súa carta.

Comparte...