Viña Moraima presenta o seu primeiro viño Moraima Caíño

Viña Moraima presenta o seu primeiro viño Moraima Caíño

O xoves 18 de setembro preséntase o novo proxecto de Viña Moraima S.Coop.Gal: Moraima Caíño 2013. A cata será levada pola sumiller lucense Mercedes González.

Trátase dun viño monovarietal 100% caíño tinto amparado pola Denominación de Orixe Rías Baixas, do que sairán 2229 botellas desta primeira colleita, nun traballo de recuperación de viñedo local, nalgúns casos centenario.

En palabras de Roberto Rivas, vicepresidente da cooperativa, “a elaboración dun caíño era unha débeda pendente con Barro, onde tradicionalmente foi o viño máis recoñecido pola súa calidade, e a necesidade dun delicado cultivo e posterior vinificación”.

A presentación terá lugar no Pazo da Crega, en San Antoniño, Barro (Pontevedra) a un quilómetro da sede da adega, onde Roberto Taibo e Cristina Yagüe, enólogos responsables da elaboración, explicarán o proceso de xestación do primeiro tinto de Viña Moraima.

Comparte...