Viñerón 2013, cita co viño na Cidade da Cultura

Viñerón 2013, cita co viño na Cidade da Cultura

Viñerón, a feira arredor do viño organizada polo Instituto Galego do Viño vivirá a súa segunda edición a tarde do próximo 30 de novembro na Cidade dá Cultura, en Santiago. Trátase dunha iniciativa que permitirá a todos os interesados no sector encontrarse con 20 viticultores “de vangarda” chegados de distintos países europeos.

Os asistentes contan con dúas opcións para tomar parte do Viñerón 2013:  Feira e máis Feria con Cocktail. As entradas para a feira son de 15 euros en anticipada (20 na billeteira), 20 euros se se compra dobre (30 na billeteira); se ademais da feira vitivinícola se quere gozar do cocktail posterior, o custo é de 40 euros, 70 se a entrada é dobre.

A edición 2012 do Viñerón contou con máis de 300 visitantes, segundo a organización.

Comparte...