Os viños galegos triunfan en Inglaterra e Estados Unidos

Os viños galegos triunfan en Inglaterra e Estados Unidos

Oito adegas participaron con seus viños no showroom e na cata maxistral impartida pola Master of Wine, Sarah Jane Evans en Londres

O Consello Regulador da D.O. Ribeiro participou neste evento Decanter Spain & Portugal Encounter, celebrado o sábado 24 de febreiro no hotel The Landmark de Londres.

Durante toda a xornada se presentaron 10 viños entre blancos, tintos e tostado ao público profesional inglés a través dunha cata maxistral da man daa Master of Wine e copresidenta do concurso de viños Decanter World Wine Awards, Sarah Jane Evans, así como coa participación no gran showroom con máis de 500 viños de adegas españolas e portuguesas.

Os vinos das adegas Alanís, Bodegas GRM, Coto de Gomariz, Cume do Avia, Finca Viñoa, Val do Deva, Vilerma e Viña Costeira sorprenderon aos máis de 800 visitantes, para moitos descoñecidas.

 

Boston e Nova York foron as cidades elexidas pola Denominación de Orixe Rías Baixas para dous seminarios dirixidos a un centenar de profesionais

A Denominación de Orixe Rías Baixas organizou dous seminarios en Estados Unidos, concretamente en Boston e en Nova York, nos que participaron un centenar de profesionais americanos da Plataforma Seven Fifty e veintidúas marcas de viño desta denominación.

Estados Unidos é o primeiro mercado de exportación da D.O. Rías Baixas que posúe un plan promocional específico, por isto, o personal do Consello Regulador entre o que se atopaba seu director xeral, Ramón Huidobro; e a directora de marketing,  Eva Mínguez, desplazáronse a dito país para participar en ambos eventos, ao igual que representantes das diferentes bodegas.

O primeiro seminario desenvolveu no Island Creek Oyster Bar de Boston e foi dirixido polo master sommelier Michael Meager.

A segunda cita tivo lugar no Wine Bar CorkBuzz Wine Studio, de Nova York. Alí, o sumiller Yannick Benjamin, un dos participantes da última misión inversa de Estados Unidos que visitou as Rías Baixas fai un mes, foi o encargado de impartir dita sesión.

Estados Unidos é o primeiro mercado exterior dos viños de Rías Baixas. Non en van, máis dos 2,1 millóns dos máis de 6,1 millones de litros exportados durante a campaña 2016/2017 tiveron como destino ese país.

Na actualidade, medio centenar de bodegas participan no plan de promoción específico do Consello Regulador en Estados Unidos.

Comparte...