Visita de Masters of wine para coñeceren os viños galegos

Visita de Masters of wine para coñeceren os viños galegos

Un grupo de membros do Institute of Master of Wine, organismo que promove a excelencia profesional e o coñecemento da arte, a ciencia e o negocio do viño e se estende por todo o mundo, achegouse ata Galicia para coñecer os viños galegos.

Os integrantes da expedición achegáronse ata O Ribeiro, a bisbarra de Valdeorras ou o territorio da D.O. Rías Baixas. Son especialistas de 8 países distintos e para a súa visita organizáronse distintas catas e visitas a viñedos e adegas.

Comparte...