Vinte e tres viños de Ribeira Sacra recibiron os galardóns obtidos no Certamen Internacional de Viños de Montaña

Vinte e tres viños de Ribeira Sacra recibiron os galardóns obtidos no Certamen Internacional de Viños de Montaña

Vinte e tres viños da Ribeira Sacra foron galardoados no Certame Internacional de Viños de Montaña de Aosta, que ten como obxectivo, promocionar e pór en valor a viticultura de montaña ou en forte pendente, da que o D.O.Ribeira Sacra é o máximo expoñente en España e da que se está convertendo en referente a nivel mundial, o que se confirma cos galardóns recibidos cada ano e, ao premiar, nesta ocasión a metade dos viños presentados por esta denominación.

Os premios aos galardoados galegos foron entregados nun acto que tivo lugar no hotel balneario de Auguasantas, ao termo do cal os premiados pousaron para a fotografía de familia.

Galardoados

A D.O. Ribeira Sacra obtivo dous premios especiais.

Gran Premio Cervim para o viño que obtén a mellor puntuación absoluta. O premio foi para Viña Mesquita 2011 de José Manuel Vidal López.

Premio Especial Cervim para Adegas Regina Viarum. Este premio corresponde á mellor adega de cada país como resultado das puntuacións de todos os viños presentados pola mesma.

Categoría de viños tintos tranquilos vendimas 2010-2011

Gran medalla de Ouro:

Viña Mesquita 2011 de José Manuel Vidal López

Medallas de Ouro:

Adega Barbado 2011 de Tomás Rodríguez González

Nogueiras 2011 de Roberto Regal López

Regina Viarum 2011 de Adegas Regina Viarum

Cividade 2011 de José Ramón Verao Pérez

Terras Mouras 2010 de Maximino López Vázquez

Estrela 2011 de D´Fran S.C.

Na mesma categoría reciben Medallas de Prata:

Casa Noguedo 2011 de Ramón Marcos Fernández

Cruceiro Rexio 2011 de Ramón Marcos Fernández

Sollío 2011 de Victorino Álvarez Rodríguez

Sabatelius 2011 de Adegas e Viñedos Lareu S.L.

Cruceiro 2011 de Ramón Marcos Fernández

Marcelino I de Marcelino Álvarez González

Viña Cazoga de Adegas Viña Cazoga

Portelo de Terras de Líncora S.C.

Marqués de Garoña de Adegas Viña Garoña S.L.

Cepa Vella de Adegas Moure S.A.

Categoría de viños tintos tranquilos. Outras anadas.

Medalla de Ouro, Don Bernardino de Don Bernardino S.L.

Na categoría de brancos entregáronse tres Medallas de Prata:

Almalarga 2010 Godello Barrica de Pena dás Doas S.L.

Regina Viarum Godello 2011 de Adegas Regina Viarum

Viña Vella 2011 de SAT Virxen dos Remedios

Comparte...