Asunción Rodríguez, nova presidenta do CR Denominación de Orixe de viños Monterrei

Asunción Rodríguez, nova presidenta do CR Denominación de Orixe de viños Monterrei

Asunción Rodríguez Zarraquiños é a nova presidenta do Consello Regulador da Denominación de Orixe Monterrei

Asunción Rodríguez, anteriormente vicepresidente e presidenta en funcións dende xuño trala dimisión de Antonio Méndez Atanes, accedeu ao cargo nunha reunión do Pleno da denominación de orixe de viños máis pequena de Galicia.

Nacida no concello que tamén dá nome á Denominación, Asunción Rodríguez Zarraquiños será a quinta persoa que presidirá a entidade e a primeira muller en facelo.

Na comunicación feita pública pola denominación de viños apúntase:

“Ligada ao mundo da produción vinícola industrial dende hai máis de 10 anos, a nova presidenta situou entre os seus obxectivos máis inmediatos concluír os trámites para a obtención da acreditación ENAC e intensificar as accións de defensa e promoción do sector do viño de Monterrei, coa mirada posta na celebración da próxima Feira do Viño,”.

Os adegueiros da Denominación de Orixe tamén apoiaron a Asunción Rodríguez no seu novo cargo de presidenta, ata a celebración de novas eleccións.

Monterrei conta con 24 adegas do val de Monterrei e unha produción en 2014 de 2,8 millóns de quilos de uva.

Dende Benbo, desexámoslle moitos éxitos na súa nova responsabilidade.

Comparte...