Viño e música a pé de praia no Ribeiro Son de Viño

Viño e música a pé de praia no Ribeiro Son de Viño

Foto: Ribeiro Son de Viño

O Ribeiro Son de Viño, que xunta viño e música, celebra o próximo 14 de xullo a súa quinta edición. Este singular festival combina a degustación dos viños da D.O. Ribeiro con actuacións musicais en directo na praia de Barrosa, na contorna do Club  Naútico de O Grove, combinando así música e viño nunha mesma cita.

Ademais das actuacións musicais, seis adegas (Adega  Sameirás,  Adegas  Deseu,  Alberte, Antonio Montero, Eduardo Bravo e  Viña Costeira) van ser tamén as protagonistas do evento, xa que serán as encargadas de poñer o viño da D.O. Ribeiro nos concertos do Ribeiro Son de Viño.

Para poder coñecer máis de preto os viños desta rexión, os responsables dalgunhas das adegas participantes estarán no Ribeiro Son de Viño para guiar aos asistentes na degustación e conversar con eles sobre as propiedades, variedades e características dos viños da D.O. Ribeiro.

Trátase dunha cita especial para os amantes do viño e da música, que desde a 13.00 h ata as 5.00 h do día seguinte contará coas actuacións de grupos como O Sonoro  Maxín, Esteban e Manuel ou  Marem  Ladson, entre outros.

 

Comparte...