Vídeo, código QR e tenda en liña do Centro do Viño da Ribeira Sacra

Vídeo, código QR e tenda en liña do Centro do Viño da Ribeira Sacra

O Centro do Viño da Ribeira Sacra en Monforte de Lemos aposta pola colocación dun código QR en todas as botellas de viño á venda na súa tenda.

Con ese código, os usuarios poderán acceder a través do seu móbil a un vídeo da Ribeira Sacra cunha pequena mostra da paisaxe e do patrimonio que agocha este territorio, traballo de Némesis Creaciones.

O vídeo realizado serve tamén de introducción á nova plataforma “de venta on line” de  viños da Ribeira Sacra que impulsa o Centro. No portal de venda electrónica http://centrovino.es atópanse máis de 180 marcas de viños da D.O Ribeira Sacra, ademáis de augardentes e licores.

Comparte...