O viño da D.O. Ribeiro e as augas de Cabreiroá dan de beber no Fórum Gastronómico de Barcelona

O viño da D.O. Ribeiro e as augas de Cabreiroá dan de beber no Fórum Gastronómico de Barcelona

A D.O. Ribeiro e auga Cabreiroá organizan actos na feira gastronómica da capital catalá

O Fórum Gastronómico de Barcelona desenvólvese cun notable papel galego, aos xa apuntados produtos gastronómicos do Deza e actividades da Deputación de Pontevedra, podemos engadir os viños da Denominación de Orixe Ribeiro ou as augas de Cabreiroá.

Vinos del Ribeiro, en Barcelona

A Denominación de Origen Ribeiro quere divulgar a calidade dos seus viños a un público profesional e prescriptor, ao tempo que amplía mercados cunha misión comercial, composta por 13 adegas: Valdavia, Alanís, A Portela, Casal de Armán, Cunqueiro, Eduardo Peña, Finca Viñoa, Pousadoiro, Ramón do Casar, Rodríguez Méndez, Terra do Castelo, Viña Costeira e Viña Reboreda.

No programa da feira profesional, unha selección de viños de garda do Ribeiro é a protagonista dunha sesión maridando coas propostas gastronómicas de Diego López (restaurante La Molinera, Lalín), o “cociñeiro do ano” no Fórum Coruña 2014.

Ademais, o Consello Regulador da Denominación de Origen Ribeiro organiza no Eurostars Grand Marina Hotel de Barcelona unha festa presentación dos viños das adegas participantes.

Augas de Cabreiroá, as augas oficiais do Fórum

Cabreiroá é a auga oficial do evento. A través dun posto no recinto e dunha presenza destacada en todas as actividades do congreso, a marca galega de auga mineral quere promoverse na cita.

A compañía membro de Hijos de Rivera deu un golpe de timón este ano, co que quere consolidarse a nivel estatal operador “premium” e ofrecer unha gama variada aos consumidores.

Así, Magma de Cabreiroá aglutinou baixo unha mesma imaxe as augas con gas da marca e os consumidores poden encontrar Magma de Cabreiroá Original, con gas carbónico natural xurdido do propio manancial, e Magma de Cabreiroá Con Gas, con gas carbónico engadido. Estes dous produtos envásanse en formato aluminio, vidro e pet. A marca galega de augas tamén lanzou un novo formato petde Cabreiroá mineral natural sen gas.

Comparte...