Premios e celebración na Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia

Premios e celebración na Feira do Viño do Ribeiro, en Ribadavia

Ribadavia celebrou a súa gran cita co viño do Ribeiro coa 52ª edición do seu Feira do Viño

Chegou unha nova Feira do Viño do Ribeiro en Ribadavia. Na súa cata popular, na categoría de Viños Brancos de Adegas resultou galardoado como mellor viño Ramón do Casar Treixadura 2.014, de Ramón do Casar, S.L. Pola súa parte, na categoría Viños Brancos de Colleiteiros, levou o primeiro premio Alter 2.014 de Viña da Cal, S.L. e o viño Antonio Montero Autor 2.014 de Antonio Montero Sobrino recibiu o segundo premio. Por último, na categoría de Viños Tintos o primeiro premio recaeu en Viña do Campo Mencía 2.013 de Bodegas Docampo, S.A. e o segundo premio foi para Tear dos Dodi 2.014 de Amalia Diéguez Martínez.

Ademais recoñeceuse como Mellor Catador de Viños Tintos a José González Méndez de Ourense, e na categoría de Mellor Catador de Viños Brancos produciuse un empate técnico, polo que premiamos a dúas persoas, a Montse Valije Martínez, veciña de Salvaterra de Miño e a Noel Alvarado Hemilla, de Ourense. Estes premios outórganse ás persoas que máis se acheguen aos resultados finais dos viños premiados.

Na cata popular o público é quen cata e premia os mellores viños da feira. As marcas presentadas (19 viños brancos e 13 tintos) son valoradas en cata ás cegas.

Na Feira do Viño do Ribeiro tamén chegou a terceira edición do concurso de receitas “Cociñar con Ribeiro“. Resultou gañadora a receita do IES Vilamarín “Peixe Sapo con codia de moluscos, salsa de cenoria e aroma de Ribeiro,”. Na final tamén estiveron a receita “Mexillón en salsa Ribeiro“, do C.I.F.P. Carlos Oroza (Pontevedra); e a receita “Semifrío de uva” do I.E.S. Fraga do Eume de Pontedeume.

Comparte...