Nova iniciativa: venda de promocións inmobiliarias harmonizada con viño do Ribeiro

Nova iniciativa: venda de promocións inmobiliarias harmonizada con viño do Ribeiro

Viño de O Ribeiro en xornadas de portas abertas para venderen propiedades inmobiliares singulares

Os viños da D.O. Ribeiro estarán presentes nunha curiosa iniciativa para amosar propiedades inmobiliarias emblemáticas de Galicia.

Serán uns eventos de promoción destas propiedades que harmonizarán música, viño, gastronomía, harmonías e traballo en rede; e que se celebrarán ata o mes de decembro en distintas localizacións da provincia de Pontevedra.

O primeiro evento desta serie será o sábado 26 de setembro na Finca La Chicharra de Redondela, que conta con 5.000 m2 de parcela e vistas á Ría de Vigo. Durante o mesmo Adegas GRM presentará os seus viños 3URA, A Telleira e Adeus e a súa nova imaxe.

En seguintes citas estarán presentes outras adegas da Denominación de Orixe Ribeiro, como Adega Dona Elisa, Adega María do Pilar,  Adega Ramón do Casar, Bodega Alanís, Bodega Valdepuga, Casal de Armán e Pazo Casanova.

A firma especializada Ecofincas é a axencia inmobiliaria que organiza estas xornadas.

Comparte...