Os viños da Adega da Pinguela, galardoados pola súa relación calidad precio

Os viños da Adega da Pinguela, galardoados pola súa relación calidad precio

Adega da Pinguela, da Denominación de Orixe Valdeorras, acudiu ao II Salón das Estrelas organizado pola Guía Peñín en Madrid e no que se reuniron 100 adegas de España que destacan na relación calidade prezo dos seus viños.

Catro dos viños da adega Adega da Pinguela contan con máis de 90 puntos Peñín e, deles, tres teñen un prezo de mercado inferior aos 10 euros: Memoria de Ventura Mencía, 2012, Memoria de Ventura Godello 2012 e Memoria de Ventura Garnacha 2011. Esa relación de puntos e prezo mereceu a cualificación de cinco estrelas. O cuarto viño, Vento 2011, godello fermentado en barrica que obtivo 92 puntos Peñín, cualificouse con catro estrelas, ao roldar no mercado un prezo de 12 euros.

O Museo del Ferrocarril foi a sede para este Salón das Estrelas.

Comparte...