Música e viños galegos con Baixo a Vide

Música e viños galegos con Baixo a Vide

O ciclo Baixo a Vide, que propón unir música co coñecemento do mundo do viño, encara un novo calendario de concertos de músicos de prestixio que maridarán con viños galegos.

O 19 de marzo, Altos de Torona patrocina o concerto de Neil Halstead no Teatro Principal de Compostela. O británico interpretará, ao seu xeito, o disco The Velvet Underground & Nico de The Velvet Underground, o clásico “disco do plátano”. O evento estará acompañado da degustación dos viños da adega situada no Rosal.

O 11 de abril, Emily Jane White achegarase ao ourensano Cafe Pop Torgal, da man dos viños de Valdeorras das Bodegas Joaquín Rebolledo.

O 30 de abril, a cita é no Capitol Club, coa música de Bart Davenport; e o 22 de maio na Casa das Crechas, con Tortel, ambas as dúas salas na capital galega.

Por último, polo menos de momento, as instalacións da adega Regina Viarum, emprazadas en Sober no cerne da Ribeira Sacra, acollerán un concerto de Sidonie o 12 de xullo.

Comparte...