Vinos con Carácter súmase ao Black Friday

Vinos con Carácter súmase ao Black Friday

A tenda online www.vinosconcaracter.com únese ao Black Friday ofrecendo os gastos de envío gratis durante toda a semana, ata o domingo 29, nas súas caixas de viños para regalar. Produtos selectos, un acerto seguro ou unha selección especial realizada pola súa sumiller Mercedes González, profesional galega con gran coñecemento do sector do viño, son algunhas das propostas deste ecommerce con sede en Vigo para a campaña previa ao Nadal. Un simple clic permitirá aos clientes obter, en tan só 24/48 horas, bebidas exclusivas coas que sorprender a invitados ou triunfar á hora de facer un agasallo. Os que así o desexen, poden tamén achegarse a recoller o seu pedido nas súas instalacións.

 Vinos con Carácter pretende así ofrecer unha alternativa aos regalos tradicionais ademais de permitir dar un toque diferente a festas e eventos con produtos especiais. A tenda online tamén busca, desta maneira, que os seus clientes adianten as súas compras e evitar as saturacións que se producen nos días previos ás datas destacadas das festas.

Comparte...