Os viños da D.O Ribeira Sacra premiados no I Concurso de Viños de Vinespaña

Os viños da D.O Ribeira Sacra premiados no I Concurso de Viños de Vinespaña

Os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra foron galardoados cun total de 8 medallas na primeira edición do Concurso de Vinos Vinespaña 2018. O evento, celebrado os pasados días 19 e 20 de abril no alcázar de Jérez da Fronteira (Cádiz) valora a calidade dos viños en diferentes categorías.

O Concurso Vinespaña 2018 estivo organizado pola Federación Española de Asociaciones de Enólogos (FEAE). Este organismo encárgase de representar os intereses dos enólogos así como de establecer colaboracións entre o sector vitivinícola e enolóxico.

As distincións obtidas pola D.O. Ribeira Sacra divídense e tres categorías. Dentro da Categoría Gran Oro, a D.O. Ribeira Sacra estivo representada coa obtención dunha medalla por XIANA 2017 da adega Chao do Couso S.L. Na Categoría Oro, un total de tres viños da denominación foron distinguidos: PRÓMINE 2017 de Bodegas Petrón S. L., PROENCIA mencia 2017 de Tomas Arias Fernández e CORGA 2016 de Pereimos 2007 S. L.

As outras catro medallas recibidas pola Denominación de Orixe Ribeira Sacra pertencen á Categoría Prata na que foron galardoados: AS MURAS 2016 de Javier Méndez Arias, GUIMARO 2017 de Pedro Manuel Rodríguez, ALOUCE 2017 de Chao do Couso S. L e BARBADO 2014 de Javier Méndez Aria.

 

Comparte...