Os viños da D.O. Ribeiro amosaron as súas virtudes en Verema

Os viños da D.O. Ribeiro amosaron as súas virtudes en Verema

Un total de catorce adegas da D.O. Ribeiro foron a esta cita cos viños en Barcelona

Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro achegáronse á cuarta edición de Experiencia Verema Barcelona. En total foron catorce adegas as que se reuniron con profesionais do sector vitivinícola no Museum Marítim de Barcelona, o luns 14 de novembro.

Á cita acudiron a xerente do C.R.D.O. Ribeiro, Cristina Alcalá, e o catador David Seijas, que levaron a cata “Ribeiro. Esencia Galega”.

En concreto, as 14 adegas participantes foron: Alter, Bodegas Cunqueiro, Bodegas GRM, Antonio Montero, Cuñas Davia, Adega Sameirás, Manuel Formigo, Lagar do Meréns, Bodega Alanís, Viña Costeira, Ramón do Casar, Viña Mein, Terra do Castelo, e Valdepuga.

O principal obxectivo da participación neste acto é promocionar e reforzar a marca D.O. Ribeiro en Catalunya, así como aumentaren as vendas.

Comparte...