Os viños de Monterrei presentáronse en Santiago

Os viños de Monterrei presentáronse en Santiago

Un total de 18 adegas de Monterrei e 34 viños toman parte desta proposta

A Denominación de Orixe Monterrei, que bule tralo nomeamento da súa nova presidenta do Consello Regulador Asunción Rodríguez, preparou unha presentación dos seus viños en Santiago de Compostela.

Representantes de Monterrei, autoridades e prensa especializada atenderon as explicacións de Luis Paadín, encargado de presentaren as características xerais das 18 adegas e 34 marcas de viño participantes na iniciativa, cos seus diferentes sabores e historia.

Pola súa banda, Tomás Fernández-Couto, secretario xeral de Medio Rural da Xunta de Galicia, recalcou a importancia de que os profesionais sirvan só viño e produtos de calidade con etiqueta, tarefa á que se debe sumar a esixencia dos clientes.

Precisamente, Santiago acollerá un túnel do viño do CRDO Monterrei o mércores 16 e o xoves 17 de xullo. A Denominación ten previsto percorrer varias cidades máis no marco dunha promoción itinerante.

A Denominación de Orixe Monterrei está formada por 24 adegas do val que lles dá nome, un total de 467 hectáreas con 381 viticultores. A súa vendima de 2014 alcanzou os 2,8 millóns de uva e as súas exportacións sumaron o 17% da súa produción total.

Entrevista a Asunción Rodríguez, presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei

Comparte...