Os viños do Ribeiro preséntanse en Suíza nun paso para a súa internacionalización

Os viños do Ribeiro preséntanse en Suíza nun paso para a súa internacionalización

Os viños da Denominación de Orixe Ribeiro protagonizaron unha presentación en Suíza. Once referencias, tanto brancas como tintas, de 9 adegas do Ribeiro compareceron no Kongresshaus de Zürich, da man do xornalista especializado no mundo do viño, David Schwarzwälder, nun seminario orientado ao sector profesional suízo.

As adegas que deron este paso na súa internacionalización, no denominado plan Suíza do C.R.D.O. Ribeiro son: Bodega Alanís, Bodegas Campante, Bodegas Docampo, Casal de Armán, Coto de Gomariz, Eduardo Peña, Pazo de Vieite, Terra do Castelo y Viña Costeira.

A D.O. Ribeiro, participou dun xeito dobre no evento Día do Viño en Zürich, co seminario dedicado a profesionais do sector, e coa mostra de viños con importador no recinto feiral.

Comparte...