Viños distinguidos co Premio Baco en Galicia

Viños distinguidos co Premio Baco en Galicia

De entre 559 etiquetas procedentes de 62 selos de calidade de España elixírose os viños gañadores dos Premios Baco Colleita 2016. En total hai oito Grandes Bacos de Ouro (puntuacións superiores a 92 puntos) aos que se suman 66 Bacos de Ouro (puntuación comprendida entre os 88 y 92 puntos) e 38 Bacos de Prata (puntuación entre 84 e 88 puntos) para completar o medalleiro dos Premios Baco Colleita 2016. Ademais a profesional Elena Adell de Pernod Ricard Winemakers Spain obtén o Baco de Ouro ao Mellor Enólogo de Viños Xoves de España e o viño Desconcierto de Cambados Urban Winery (DO Rías Baixas) faise co Baco de Ouro á Mellor Nova Marca.

Catro viños brancos: Tres Olmos Lías 2016 (DO Rueda), Albada Macabeo Viñas Viejas 2016 (DO Calatayud), Pé de Perdiz 2016 (DO Ribeiro) e Desconcierto 2016 (DO Rías Baixas), xunto a tres referencias tintas: Los Jalones Joven 2016 (DO Ribera del Duero), Marqués del Cerro Tempranillo 2016 (DOCa Rioja) e Remonte Maceración Carbónica 2016(DO Navarra), acompañan no máis alto do podium ao viño máis puntuado da trixésimo primeira edición dos Premios Baco, Mara Martín 2016 da Denominación de Orixe Rías Baixas.

Desde a Asociación de Colleiteiros Embotelladores do Ribeiro felicitan a Pé de Perdiz por este gran premio, que ademais pon de manifesto que os viños dos Colleiteiros do Ribeiro están “nos grandes podios nacionais e internacionais nos concursos máis importantes de viños”.

Tamén outorgaron Bacos de Ouro aos viños de Colleiteiro: Sameiras branco 2016 e Canción de Elisa 2016. Ao igual que aos viños das adegas do Ribeiro Beade Primacia 2016, Finca Viñoa 2016 e Alter 2016.

Comparte...