Cita en Leiro cos viños, a gala anual da Denominación de Orixe Ribeiro e os cociñeiros galegos con estrela Michelín

Cita en Leiro cos viños, a gala anual da Denominación de Orixe Ribeiro e os cociñeiros galegos con estrela Michelín

O mércores 17 de xuño homenaxearase aos cociñeiros galegos, os mellores viños e á sumiller Gemma Vela, ademais de facer balance do último ano na D.O. máis antiga de Galicia

A Denominación de Orixe Ribeiro entrega o 17 de xuño a súa gran cita, coa entrega dos Premios D.O. Ribeiro, que galardoa aos mellores viños brancos e tinto da D.O. Ribeiro e outras iniciativas profesionais, presentación da colleita 2014 e balance do último ano na xestión e promoción.

O emblemático Mosterio de San Clodio (Leiro, Ourense) será a sede desta xornada, que comezará ás 12.30 horas e reunirá a adegas, colleiteiros, distribuidores, maioristas, xornalistas, divulgadores, prescriptores…

A gastronomía galega será a protagonista neste evento xa que o colectivo de restaurantes e cociñeiros galegos con Estrella Michelín recibirá o Premio de Honra. Este galardón quere, en palabras da D.O. “recoñecer o esforzo que realizan para que a enogastronomía galega viva un grande momento; polo seu traballo abríndoa cada vez máis ao mundo; e polo seu apoio aos produtos do País, en particular ao viño da D.O Ribeiro”. Os cociñeiros galegos tomarán o relevo, deste xeito, de Josep Roca, sumiller do restaurante El Celler de Can Roca, homenaxeado no 2014.

Cómpre lembrar que Galicia conta actualmente con 12 Restaurantes Estrelas Michelín: Nova, liderado por Julio Sotomayor e Daniel Guzmán (Ourense); A Estación, con Bea Sotelo e Juan Crujeiras (Cambre); O Retiro da Costiña, de Manuel García (Santa Comba); As Garzas, comandado por Fernando “Caco” Agrasar (Barizo-Malpica); Árbore da Veira, de Luis Veira (A Coruña); Alborada, dirixido por Iván Domínguez  (A Coruña); Casa Solla, de Pepe Solla (Poio); Yayo Daporta (Cambados); Pepe Vieira Camiño da Serpe, con Xosé Cannas (Poio); Maruja Limón, con Rafa Centeno (Vigo); Culler de Pau, de Javier Olleros (O Grove) e Silabario, con Alberto González (Tui).

De igual xeito, entregarase o primeiro Premio “Fusión Muller e Viño”. Gemma Vela Humanes, primeira sumiller do Hotel Ritz (Madrid).

No transcurso da gala coñeceranse os gañadores do resto de categorías. Trátase de: Premio “Mellor tarefa de comunicación”; Premio “Mellor servizo de viño en restaurante”; Premio “Mellor tenda especializada – viñoteca”; Premio “Mellor taberna – bar de vinos”; Premio “Mellor Viño Tinto”; Premio “Mellor Viño Branco Colleiteiro”; e  Premio “Mellor Viño Branco Adega”.

Durante a cerimonia tamén vaise entregar o galardón “Cociñar con Ribeiro” ao IES Vilamarín, gañador do concurso de receitas da Feira do Viño do Ribeiro; e o Premio Ribeiro ao mellor traballo de investigación elaborado polos alumnos do Instituto Galego do Viño (INGAVI).

Comparte...