Viños galegos premiados co Baco de Ouro

Viños galegos premiados co Baco de Ouro

Mara Martín 2016 e Albariño Condes de Albarei 2016 foron premiados co Baco de Ouro Premio Luis Hidalgo do Concurso Nacional de Vinos Jóvenes organizado pola Unión Española de Catadores.

Mara Martín é un godello da Denominación de Orixe Monterrei, un viño fresco con notas de froita de pulpa branca, como a manzá e a pera, e cunha cor amarela brillante e cristalina. O Albariño Condes de Albarei é un viño da DO Rías Baixas elaborado a partir de mostos flor para extraer a maior expresión aromática e gustativa da uva albariño. A anada 2016 caracterízase pola súa intensidade froital en nariz, cunha boca fresca, envolvente e tamén aromática.

A trixésimo primeira edición dos Premios Baco contou coa participación de 559 etiquetas procedentes de 62 selos de calidade que foron avaliadas nunha estricta cata a cegas por un panel composto por 55 catadores, todos membros da Unión Española de Catadores.

Entre eles encontrábanse importantes figuras como os sumilleres Custodio Lóez-Zamarra e Javier Gila, os xornalistas Salvador Manjón e Bartolomé Sánchez, ou enólogos como Ignacio de Miguel, Cristina Mantilla e Jorge Navascues.

Os Premios Baco están organizados pola Unión Española de Catadores. Este concurso vinícola xaé considerado coma un dos máis prestixiosos do panorama nacional en onde se avalía a calidade dos viños xoves do noso país.

Comparte...