Repaso ao papel dos viños galegos nos Premios Decanter

Repaso ao papel dos viños galegos nos Premios Decanter

Os premios Decanter World Wine Awards 2013 xa son públicos. Nesta edición presentáronse 14.362 viños e outorgado preto de 10.000 medallas (9.873 en concreto): 156 trofeos rexionais, 229 medallas de ouro, 1665 medallas de prata, 4.165 medallas de bronce e 3.685 distincións (as denominadas “commended”).

Os viños galegos tiveron sorte dispar. Destaca o Rías Baixas Albariño Foudre 2010 da adega Ángel Sequeiros que mereceu o premio rexional para brancos do noroeste de España cun prezo superior ás 15 libras, a entrada na listaxe dun viño de Terra de Barbanza e Iria e a ausencia de medallas de ouro e de viños da D.O. Ribeira Sacra no seu reparto.

Ribeiro

A D.O. Ribeiro acadou dúas medallas de prata, sete de bronce e máis cinco distincións. Os premios de prata foron para o Abadía de Gomariz 2010, de María Álvarez Serrano; e Sameirás 2011, de Antonio Cajide Gulín.

As medallas de bronce recaíron en Alter 2011, de Viña da Cal; Pazo Lodeiro 2012, de Julio Vázquez Quintel; Sameirás 2012, de Antonio Caijde Gulín; Casal de Armán 2011, de Casal de Armán; Coto de Gomariz 2011 e The Flower and the Bee Treixadura 2012, ambos de María Álvarez Serrano; e para Alberte 2011 de Bodegas Nairoa, S.L.

Pola súa banda, os “commended” foron para Finca Viñoa 2011 e Ailalá 2011, de María Álvarez Serrano; Terra do Castelo Treixadura 2011 de San Roque; Manuel Rojo, de Adega Manuel Rojo; Colección Costeira Treixadura 2011, de Vitivinícola do Ribeiro, S.C.G.

Rías Baixas

Ademais do premio rexional a Albariño Foudre 2010, Rías Baixas logrou 8 pratas, 18 bronces e 8 distincións. Foi a denominación de viños galegos máis galardoada nos Premios Decanter.

As medallas de prata foron para Señorío de Rubiós 2012, Señorío de Rubiós 2011 e Señorío de Rubiós 2012 Condado do Tea, de Coto Redondo; La Cana Albariño 2011; Laxas 2012, de Bodegas As Laxas; Caixas 2012, de Martin Códax; Valtea Albariño 2012, de Adegas Valtea; e máis Nora da Neve 2009 , de Viña Nora.

Acadan unha medalla de bronce: GranBazán Limousin 2011, de Bodegas Agro de Bazán; Alba Martín Albariño 2011, Albariño Martín Códax 2012, Albariño Martín Códax Burgáns 2012 e Organistrum 2010, todos de Martín Códax; Mar de Frades Brut 2011 e Finca Valiñas 2011 , de Bodegas Mar de Frades; Eidosela 2012, de Bodegas Eidosela; Ethereo 2012, de Bodegas Ethereo; Finca Garabato Valtea Cepas Vellas 2010, de Adegas Valtea; Leiras Albariño 2011, de Adega Leiras; Marks and Spencer Bodega Castro Martin Albariño, 2011 , de Castro Martin; Deusa Nai 2011, de Bodegas Marqués de Cáceres; Paco y Lola Albariño 2012 de Paco y Lola; Pazo Señoráns Selección de Añada 2006, de Pazo de Señoráns; Signature 2011, de Sociedad Cooperativa Vitivinícola Arousana; Pazo Torrequintáns Albariño 2011, de Tesco Finest; e Veiga da Princesa Albariño 2012, de Bodegas Veiga da Princesa. 

As distincións foron para: Don Pedro de Soutomaior 2012, de Adegas Galegas; Sainsbury’s Taste The Difference Albariño 2012, de Adegas Gran Vinum; Leiras 2012, de Adegas Leiras;  Pazo San Mauro Albariño 2012, de Pazo San Mauro; Santiago Ruiz 2012, de Santiago Ruiz; Veigadares 2011, de Viños e Adegas Galegas; Viña Nora 2012 , de Viña Nora; e Vionta 2012, de Vionta.

Monterrei

A D.O. Monterrei conseguiu 3 galardones nestes Premios Decanter. Unha prata, un bronce e unha mención.

O premio de prata foi para o Pazo de Mariñán 2012, de Bodega Tapias Mariñán; o bronce, para Vía Arxentea 2012, de Bodegas Manuel Guerra Justo; e a mención, para Mara Martín 2012, de Martín Códax.

Valdeorras

Pola súa parte, os viños da D.O. Valdeorras mereceron unha prata e dous “commended”. A medalla de prata foi para Bodegas Valdesil de Vilamartín de Valdeorras co seu Pezas da Portela Godello 2010. 

Os distinguidos foron Bioca Godello 2012, de María Teresa Núñez Vega; e Montenovo Godello 2012, tamén de Valdesil.

Terra da Barbanza e Iria

Viños da Terra de Barbanza e Iria mereceu un galardón: unha medalla de bronce para Altares de Postmarcos 2010 de Entre Os Ríos Altares, adega de A Pobra do Caramiñal.

Comparte...