Os viños de Monterrei, en Vinis Terrae

Os viños de Monterrei, en Vinis Terrae

Os viños da Denominación de Orixe Monterrei estará presente ata o martes 4 en VINIS TERRAE, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade.

O C.R.D.O. Monterrei conta cun stand propio, de nove metros cadrados, no que se presentan e se dan a degustar viños das seguintes bodegas pertencentes á denominación: Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, José Luis Gómez, Vinos Lara, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo Rivero, Concepción Paradela, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar e Trasdovento

Ademais, as bodegas Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea) e Alba Al-Bar (Daniel Fernández)  contarán cun espazo propio neste salón.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, agradeceu na presentación da feira o traballo dos adegueiros e viticultores galegos, que definiu como “os grandes artífices dos grandes éxitos que están acadando os nosos viños no panorama nacional e tamén no eido internacional”.  

A titular de Medio Rural sinalou que a produción comercializada en 2016 foi de 41,6 millóns de litros, cunha facturación que alcanzou os 194,2 millóns de euros. 

Por outra parte, a conselleira destacou que o volume de viño comercializado baixo o selo de denominación de orixe é o máis alto dos últimos 10 anos.

VINIS TERRAE trátase dunha iniciativa exclusivamente profesional e especializado no viño e licores de Galicia, que conta nesta edición coa presenza de máis de 50 importadores e compradores de 19 países. Por outro lado, neste salón desenvólvense actividades paralelas como catas comentadas dos viños e licores premiados nas Catas de Galicia 2016 (premiados con Acios de Ouro os viños e con Pote de Ouro os licores e augardentes), exhibicións de coctelería con produtos do C.R. de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ou tamén maridaxes destes licores con outros produtos de calidade recoñecidos con D.O. ou I.X.P. galegas. Ademais, dunha exposición permanente sobre a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) e a presentación de varios estudios e campañas que está desenvolvendo EVEGA. 

O horario de VINIS TERRAE será de 10 a 18 horas, e a acreditación profesional, de carácter gratuito, pode realizarse a través da web ou xa no recinto.

Comparte...