Os viños Rías Baixas seguen a aumentar as súas cifras de exportación

Os viños Rías Baixas seguen a aumentar as súas cifras de exportación

A Denominación de Orixe Rías Baixas presentou as súas cifras de exportación do último curso, que inciden na liña positiva que marcan os mercados exteriores para a denominación galega de viños máis exportadora e, en liñas xerais, a súa internacionalización. Estados Unidos segue a ser o destino preferente das exportacións de viño Rías Baixas.

Durante o pasado exercicio o volume exportador aumentou máis dun dez por cento, cunhas vendas totais de cinco millóns e medio de litros a case 60 países. No que se refire ao valor, o negocio exterior creceu nun 6,69% con respecto ao ano 2012. As exportacións chegaron aos 5,4 millóns de litros, o 32% da produción total desa denominación de viños galegos.

 Exportaciones por destinos 

País

Valor 2013

Volumen 2013

1 EEUU

12.982.603,46 €

2.634.314 litros

2 Reino Unido

3.314.703,59 €

695.862 litros

3 Alemaña

2.144.243,57 €

454.726 litros

4 Puerto Rico      1.428.716,45 €

223.429 litros

5 México      1.030.783,26 €

191.225 litros

6 Holanda

770.037,17€

154.762 litros

7 Suíza

609.769,21 €

104.284 litros

8 Irlanda

508.446,59 €

102.118 litros

9 Bélxica

518.151,66 €

98.162 litros

10 Suecia

462.728,46 €

92.457 litros

Comparte...