Cinco viños Ribeiro, entre os 100 mellores de España en Prowein

Cinco viños Ribeiro, entre os 100 mellores de España en Prowein

O C.R.D.O. Ribeiro participa, un ano máis, na feira especializada en viños Prowein

O evento terá lugar do 13 ao 15 de marzo no recinto Messe de Düsseldorf (Alemaña). Ribeiro presentarase ante os máis de 60.000 asistentes profesionais do sector vitivinícola chegados de 50 países a través dun túnel con 30 referencias de viños, brancos e tintos, e a participación presencial de oito adegas da denominación na caseta Viños de Galicia do IGAPE, incluída no pavillón de España – ICEX.

Cinco viños da D.O. inclúense no túnel dos 100 mellores de España en Prowein, ao resultar gañadores no concurso levado a cabo por ICEX e a editorial Meininger Verland. Os viños brancos Coto de Gomariz 2014, Ramón do Casar Treixadura 2014, Ramón do Casar 2014, Terra do Castelo Treixadura 2014 e o viño tinto Val de Souto 2014 son os que representarán á denominación de orixe máis antiga de Galicia neste túnel.

Para reforzar a participación nesta feira, o C.R.D.O. Ribeiro realizará unha cata sobre a D.O. e os seus viños da man do consultor experto en viños españois, Peer F. Holm, titulada D.O. Ribeiro: novos viños e adegueiros transforman o terroir máis antigo de Galicia.

Comparte...