Vinóxia: nace o primeiro Sherry Bar de Galicia

Vinóxia: nace o primeiro Sherry Bar de Galicia

Os Sherry Bars, bares especializados en ofrecer viños de Xerez normalmente combinados con gastronomía española, xa levan anos “facendo as américas” e conquistando adeptos máis alá das nosas fronteiras. Galicia, non obstante, non formaba parte desta tendencia ata agora. Da man dos donos do restaurante O Muiño de Trigo en Cabanas, nace Vinóxia en Culleredo, unha vinacoteca que ademais de ofrecer unha extensa carta de viños, destaca pola súa oferta de caldos elaborados a base de uva Palomino: manzanillas, finos, amontillados, paus cortados, olorosos e creams. Fora xa da zona Xerez, neste local poderemos encontrar dende denominacións de orixe galegas, pasando por unha ampla representación das españolas, ata viños franceses, portugueses ou alemáns.

En Vinóxia pensaron en todos os detalles para que poidamos probar sen que o peto sufra ou rematemos mareados de máis: a maioría de marcas pódense pedir por copas e “medias copas” e tamén se decantan media botellas. Un verdadeiro paraíso para os amantes das catas.

Máis información na súa páxina web www.vinoxia.com.

Comparte...