Volve o lechazo asado aos restaurantes do O Corte Inglés

Volve o lechazo asado aos restaurantes do O Corte Inglés

Santiago de Compostela acolleu a presentación das Xornadas Gastronómicas do Lechazo de Aranda de Duero, que se celebrarrán nos restaurantes de El  Corte Inglés, en colaboración con esta localidade burgalesa, entre o 19 e o 29 de novembro. Durante estas datas a carta dos restaurantes estará composto por pratos típicos da cociña de Aranda de Duero, coa intención de fortalecer así o posicionamento deste destino turístico de interior.

A presentación correu a conta do ccinero Rafael Mikel, un dos principais mestres asadores de Aranda e propietario do restaurante asador Casa Florencio de Aranda. O menú que poderán degustar os clientes que acudan aos restaurantes de El Corte Inglés consistirá en morcilla de Burgos, pementos asados, ensalada da Ribeira, lechazo asado en forno de leña e de sobremesa, hojaldre á crema e tarta da Ribeira, doces típicos de Aranda de Duero. Ademais, os restaurantes de El  Corte Inglés ofrecerán viño de Matarromera, da D.O. Ribeira de Duero.

Con esta xa son catro as edicións que levan celebrándose nos restaurantes de El Corte Inglés das Xornadas de Exaltación deste produto tan unido á gastronomía da localidade burgalesa de Aranda de Duero.

Comparte...