O San Simón de Casleiras obtén unha medalla de ouro nos World Cheese Awards

O San Simón de Casleiras obtén unha medalla de ouro nos World Cheese Awards

Dous ouros, unha prata e catro bronces son os galardóns acadados polos queixos galegos nos premios World Cheese Awards que se outorgan en Gran Bretaña e están considerados entre os máis importantes do mundo.

As medallas de ouro foron para un queixo de San Simón da Costa da queixería Casleiras, na categoría de queixos afumados, e para o tetilla de Prestes.

A prata tamén foi para un queixo tetilla, neste caso elaborado por Ruta Xacobea.

Finalmente os bronces corresponderon ao Arzúa-Ulloa de Ruta Xacobea e de novo ao San Simón da Costa de Casleiras, neste caso na categoría de queixos con D.O. Tamén obtivo bronce Prestes polo seu San Simón da Costa

O xurado que concedeu as medallas estivo formado por máis de 250 xuíces de todo o mundo, que dictaminaron que o mellor queixo do mundo este ano é un manchego, o Gran Reserva de Dehesa de los Llanos.

Comparte...