Xantar ofrece máis de 18 menús para cinco días

Xantar ofrece máis de 18 menús para cinco días

Os menús de Xantar, que terá lugar en Ourense do 6 ao 10 de marzo, vanse completando co paso do tempo. BenBo xa deu conta do menú de Madeira, territorio convidado ao salón e primeiro en facerse público, pero xa se coñece unha parte importante dos que se poderán degustar nos días do salón.

Castela e León, Riós-Verín, Douro, Andalucía, O Barco de Valdeorras, Parada de Sil, Ría de Pontevedra, Bragança, Lugo e Vila Verde-Braga-Minho son os territorios que xa fixeron públicas as especialidades que van ofrecer en Xantar. Tamén confirmaron a súa asistencia Perú, como país convidado, do que estarán presentes as Municipalidades de Ate e Carabayllo, e os concellos de Ponteareas e Ourense.

A cociña tradicional e os produtos de sempre destas zonas son a parte fundamental da oferta, inda que tamén se anuncian outros alleos á nosa tradición, como a carne de animais da raza angus.

Comparte...