Xantar 2017: turismo e gastronomía, da man

Xantar 2017: turismo e gastronomía, da man

O fomento do turismo en Galicia e o seu posicionamento como destino gastronómico foi o eixo central da segunda xornada da 18ª edición do Salón Internacional de Turismo Gastronómico (Xantar). Tamén tivo o seu espacio a promoción da rexión de Porto e Norte de Portugal, o principal socio estratéxico de Expourense no país veciño.

Outro dos actos destacados do día foi a celebración do I Workshop Turismo Gastronómico que reuniu a 11 turoperadores e axencias de viaxes con representantes de turismo dos destinos presentes en feira.  Tamén no segundo día desta cita entregáronse os premios Pratos de Ouro de RadioTurismo.

O Consello Regulador de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia ofreceu, así mesmo, unha cata comentada de produtos amparados da man da súa secretaria, Carmen Otero. Unha trintena de persoas asistiron á sesión.

Comparte...